AESGAL é a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia. Constituiuse en xullo de 2009 pola convicción dun grupo de socios/traballadores/as de que cómpre asociarse para defender os seus intereses como traballadores/as e emprendedores/as.
AESGAL pretende converterse na organización de referencia para as sociedades laborais en Galicia.
AESGAL pertence a Confesal, a Confederación de Sociedades Laborais de España, que representa a nivel nacional ao noso colectivo.
Misión de AESGAL:
AESGAL é unha organización empresarial multisectorial no ámbito da Economía Social cuxa misión é a defensa, promoción, consolidación e representación das sociedades laborais. Para iso presta servizos que dean resposta ás necesidades e expectativas dos seus grupos de interese, actuando de maneira socialmente responsable.
Visión de AESGAL:
Ser unha organización de referencia da Economía Social galega polo apoio á consolidación empresarial e xeración de riqueza.
Obxectivos:
– Visibilizar a forma xurídica en Galicia.
– Promover a ampliación das liñas de axuda específica para Sociedades Laborais e dar a coñecer as existentes.
– Colaborar no impulso de cantas melloras lexislativas ou económicas propóñanse para o aumento da competitividade das sociedades laborais e a súa consolidación.
– Promover a competitividade, profesionalidade, crecemento e consolidación das sociedades laborais existentes.
– Fomentar a igualdade de oportunidades, o uso das novas tecnoloxías e a responsabilidade social empresarial.
– Fomentar a constitución de sociedades laborais entre os emprendedores e axudarlles no proceso.
Deixar unha resposta